Benvidos amigos e amigas! Queremos axudarvos a reflexionar sobre a situación na que se encontra o planeta terra con respecto á contaminación do aire que nel existe, xa que consideramos que está nas nosas mans evitar estragos nel. Contamos con información actualizada todas as semanas. Prohibido marchar sen comentar!!

27/2/12

"FELICIDADE" COMPRADA

A conferencia virtual que nos ofreceu o profesor Carlos Taibo, céntrase nun tema de vital importancia como é o decrecemento, que nos permite reflexionar acerca da situación na que se atopa o mundo, e do mesmo xeito, axúdanos a coñecer a sociedade tan consumista na que vivimos, debido a que se pode vivir mellor con moito menos pero para poder levar á practica iso é preciso escapar dunha das tentacións que nos acosan como é o consumismo, xa que este leva consigo multitude de consecuencias nas que os seres humanos non reparan como son as agresións medio ambientais, o esgotamento de moitos recursos, un modo de vida escravo, no sentido de comprar por comprar impulsados polos mecanismos da publicidade o desexo e a caducidade dos produtos. Con isto o que quero dicir é que o hiperconsumismo é máis ben un indicador de infelicidade que de felicidade, posto que era moito máis feliz a xente de épocas pasadas, e a que ao mesmo tempo non tiña tantas posibilidades nin recursos para comprar, que a xente de agora, existe pois, unha clara relación entre a felicidade e o tempo pasado. Un exemplo claro dese hiperconsumismo do que se ven falando e se pode ver no transcurso da conferencia é a comparativa existente entre os sistemas de transporte americano e o de China, no que case non hai estradas e o consumo é nulo. Finalmente e a modo de conclusión debo dicir, que a maioría dos problemas poden ser reducidos mediante un capitalismo regulado, xa que como ben se sabe a crise nace do capitalismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario