Benvidos amigos e amigas! Queremos axudarvos a reflexionar sobre a situación na que se encontra o planeta terra con respecto á contaminación do aire que nel existe, xa que consideramos que está nas nosas mans evitar estragos nel. Contamos con información actualizada todas as semanas. Prohibido marchar sen comentar!!

24/2/12

A verdade que ninguén quere ver

A maioría das persoas pensa que con ter moitas cousas, como coches, ordenadores…vai a ser máis feliz, pensa que pode comprar a felicidade, pero isto non é así, xa que países como China que teñen un transporte moito máis pobre que os Estados unidos, viven moito mellor posto que chegan aínda máis cedo ao traballo e sen necesidade de coller tantos nervios en atascos e demais. Os países e os seus gobernos só pensan en crecer economicamente sen reparar nos danos irreversibles no medio ambiente. Polo tanto deberían de pensar máis niso, porque está ben medrar, pero pensando que planeta só temos un, e á velocidade coa que imos necesitaríamos dous planetas máis e iso é imposible. ¿Que deberíamos de facer entón? Penso que a solución estaría como ben di o profesor Taibo, en que os países máis grandes reducisen o seu consumo porque son os que máis contaminan e os que máis contribúen a destrución do noso planeta. Pero o que non vexo tamén moi xusto e que se lle pedise o mesmo a países como Mali que non consumen tanto (porque nin sequera teñen posibilidades para facelo) e que como podemos comprobar son os que máis sofren as consecuencias do que os países ricos levan a cabo. En resumo, penso que todos a modo individual e tamén como conxunto deberiamos de concienciarnos do que está pasando na actualidade, de que estamos acabando coa nosa casa e de que o hiperconsumismo a longo prazo só traerá consigo a nosa infelicidade porque a abundancia estase convertendo na nosa enfermidade.

2 comentarios:

  1. Conchita, cuánta razón tienes. Nosotros que somos los privilegiados del denominado "Primer Mundo" tendríamos que tener la conciencia que tienen los países subdesarrollados que aprovechan hasta lo infinito todos los recursos que el planeta ofrece

    ResponderEliminar
  2. xa, iso e verdade, pero eu penso que o problema co que conta a nosa sociedade e que non queremos ver o mal que estamos facendo e o que pode ocorrer, pensamos que nunca se van acabar os recursos que temos, e como estamos acostumados a ter de todo non valoramos nada (non falo por toda a xente)pero como ti ven dis, os que menos teñen son os que máis aproveitan as cousas e os que menos contribúen á destrución da nosa casa,a terra. E cando nos demos de conta do que pasa, xa será demasiado tarde e non poderemos dar volta atrás nin borrar o que fagamos.

    ResponderEliminar