Benvidos amigos e amigas! Queremos axudarvos a reflexionar sobre a situación na que se encontra o planeta terra con respecto á contaminación do aire que nel existe, xa que consideramos que está nas nosas mans evitar estragos nel. Contamos con información actualizada todas as semanas. Prohibido marchar sen comentar!!

29/3/12

Faino por ti e por todos, colabora co medio

Son moitas as cousas que se poden denunciar, non obstante, eu decidín presentar estas catro fotografías, xa que me parece importante destacar que vivimos nun medio que sen dúbida ningunha necesita mellorar, e para iso, só e preciso que todos nós, sexamos conscientes e reflexionemos acerca do dano que poden chegar a provocar as nosas accións. 
Como ben podedes observar, a primeira fotografía trátase dun contenedor de lixo, localizado aos arredores da universidade, ¿ pero que é o que ten de especial? Pois a resposta é ben sinxela, esa pequena peza situada ao seu pé, seguro que quen a deixou pensou que non ía chamar moito a atención, pero o que TODOS deberíamos coñecer é que debería ser tirada en puntos para os aparatos electrónicos ou nos puntos limpos. 
A segunda foto foi sacada na aldea de meu pai, é dicir, en Sobrado de Gomesende, nun campo preto da casa dos meus avós, é evidente que ese lixo por riba sobra, talvez esteamos a tempo para impedir que ese lixo vaia en aumento.
 A terceira foto foi extraída na aldea de miña nai, concretamente en Freas de Deva, nun regato que lamentablemente non dispón de auga neste momento consecuencia do mal uso que se fixo da mesma, pero que algún día si tivo, a pesar diso o que máis chama a atención é a cantidade de lixo que nel podemos ver, e iso non é o peor, xa que cando volve contar con auga é horrible o cheiro que manda.
 Para rematar, a última foto foi sacada sen ir máis lonxe fronte á residencia de estudantes das Lagoas, pois saía eu de rematar un traballo coas miñas compañeiras de grupo, cando de súpeto vin que o lixo estaba tirado aos arredores de dito contenedor, pero o que máis me sorprendeu foi que aparecen tirados cartóns e papeis no chan e o contenedor de papel estaba xusto ao lado e daba a casualidade de que estaba valeiro. É evidente que require de menos esforzo verter todo no chán, considero que cando se contan con tantas oportunidades para reciclar non costa facelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario