Benvidos amigos e amigas! Queremos axudarvos a reflexionar sobre a situación na que se encontra o planeta terra con respecto á contaminación do aire que nel existe, xa que consideramos que está nas nosas mans evitar estragos nel. Contamos con información actualizada todas as semanas. Prohibido marchar sen comentar!!

29/3/12

A realidade está cerca

O que pretendo conseguir coa exposición destas fotografías, é que cada un de vós se mentalice da realidade pola que está atravesando o noso planeta e que con estas imaxes podamos ver que esta realidade está máis cerca do que pensamos. 
Decidín por catro fotos, porque todas me parecían igualmente importantes e me valían para denunciar moitas das inxustizas que vemos e que ás veces non somos conscientes do mal que están ocasionando.
 A primeira delas, fíxena hai cuestión de dúas semanas no pobo da miña avoa,Vilaseca, pertencente ao concello de Trasmiras. Cada domingo que ía ao pobo, nunca me decataba destes feitos, pero grazas a ter que realizar unha foto denuncia, dinme de conta do mal que isto lle está causando ao paisaxe. Como podemos ver na imaxe, hai pláticos, caixas, anacos de electrodomésticos, chatarra…e todo isto, ao lado das piscinas, onda unha nave na que antigamente gardaban as avionetas. Debo de recoñecer que ata agora nunca lle prestara demasiada atención, pero cando fixen a fotografía deume verdadeira vergonza que no medio dun sitio tan bonito, poida existir tanta sucidade, porque o que aparece na foto só é un anaco do que alí hai.
 A segunda imaxe está feita no lugar no que eu resido en Ourense durante o curso académico, e dicir, na Residencia Universitaria. Un día indo de maña ben cedo para a Universidade fixeime nas lámpadas e decidín denunciar este gasto de enerxía tan innecesario. Porque a pleno día vemos moi ben, como para necesitar ter unha lámpada tan grande acesa.
 A terceira delas, está feita en Verín, por onde eu paso sempre para ir cara a miña casa, chamoume moito a atención, xa que alí están postos uns paneis de publicidade, onde os anunciantes, maioritariamente empresas intentan vendernos os seus produtos e a súa calidade. Pero que grande sorpresa me levei cando vin todos os carteis tirados no chan, menuda vergonza lles debería de dar aos encargado de colocar os letreiros de anuncios, porque non se están dando de conta de todo o que poden ocasionar con isto, xa que verdadeiramente non lles custaría nada tiralos ao seu contenedor correspondente, porque como ben di miña avoa, tanto esforzo realizaban tirando estes carteis ao chan, como tirándoos ao contenedor correspondente para que estes puidesen ter unha segunda vida, e evitar acabar coa tala intensiva de árbores que constitúen o noso ben máis prezado, e dicir, os pulmóns do noso gran planeta. Pero tampouco se dan conta de que non só están contribuíndo ao mal estar do planeta, senón que estes papeis tamén poden causar outro tipo de problemas como accidentes de tráfico, posto que debido ao grandes que son, se voan, poden chegar a topar con un coche ( xa que os paneis publicitarios están perto da carretera xeneral), colocárselle na luna dianteira, impedir a súa visibilidade e provocar un gran desastre de persoas inocentes que sen comelo nin bebelo, están a vivir as consecuencias duns despreocupados e desconsiderados personaxes que non lles deu a gana de levalos con eles. Pero no que si me fixei e que a poucos pasos de onde están tirados estes papeis, están os cubos de basura, e polo tanto, a ninguén, nin os mesmos que os arrincaron para colocar outros, lles custaba botalos no seu lugar correspondente. 
Pero o que máis me chamou a atención de todas as fotos, é a número catro, porque cando a vin non podía crer o que estaba vendo cos meus ollos. Escombros e outro tipo de basura tales como plásticos e pequenas pezas de coches e electrodomésticos tapados con xestas para que non se visen. Entón neste momento veume á mente unha comparación entre a realidade que estamos vivindo e a escena que tiña diante de min. Por un lado a sociedade, empresas, políticos… que non queren darse de conta de que a Terra está mal, de que xa non ten saúde e intentan tapar isto con pequenas solucións ou dicindo que todo esta ben, facéndolle crer a xente que non pasa nada… entón eu comparei esas pequenas solucións coas ramas que estaban tapando a realidade pola que atravesa o noso planeta, que neste caso serían os escombros e demais. Pero logo tamén me viñeron reflexións que no momento aínda me fixeron rir, tales como e non será que os que viñeron, no último momento se arrepentiron??, pero logo me din conta que para esas persoas non existe o arrepentimento e de que non lles importou sacar da súa casa para tiralo no medio do monte danando o que alí hai, sen interesarlle que se todos fixésemos o mesmo, o planeta morrería antes. E non, a realidade non está tan lonxe, para ver escenas como estas só tedes que acercarvos á Ruta do Camiño do Demo, un lugar a poucos metros de Verín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario